Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 1 de xullo de 2015 Páx. 27539

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (268/2015).

María Jesús Hernado Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 268/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuela Mato Álvarez contra Desarrollos de Hostelaría RP14, S.L., sobre despedimento, ditouse sentenza cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Manuela Mato Álvarez, contra a entidade Desarrollos de Hostelería RP14, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que a demandante foi obxecto na data do 5 de febreiro de 2015 e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a data da presente resolución (8.6.2015), ao cesar na súa actividade a anterior entidade, e condeno a entidade Desarrollos de Hostelería RP14, S.L. ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 790,02 €.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Manuela Mato Álvarez contra a entidade Desarrollos de Hostelería RP14, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Desarrollos de Hostelería RP14, S.L., a que aboe á demandante a cantidade de 2.101,64 € brutos polos salarios devindicados entre novembro de 2014 e o 5 de febreiro de 2015, incrementados no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Con intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Desarrollos de Hostelería RP14, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de xuño de 2015

A secretaria xudicial