Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 1 de xullo de 2015 Páx. 27541

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de notificación de resolución (ETX 94/2015).

Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 94/2015 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Luz María Torres Prieto contra a empresa Hotel Las Golondrinas, S.L., sobre despedimento, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Acordo:

a) Declarar o executado Hotel Las Golondrinas, S.L. en situación de insolvencia polo importe de 1.218,04 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria.

b) Arquivar as actuacións, logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Firme, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

E para que sirva de notificación en legal forma a Hotel Las Golondrinas, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 10 de xuño de 2015

A secretaria xudicial