Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 1 de xullo de 2015 Páx. 27542

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

CÉDULA de notificación de sentenza (PO 146/2014).

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 146/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Laura Cereijo Míguez contra Limpiezas El Polígono, Ancora Hispania, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre ordinario, foi ditada sentenza nº 207 cuxos encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza:

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2015.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, tendo visto os presentes autos nº 146/2014, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de Laura Cereijo Míguez, asistida pola graduada social Matilde Mallo Nieves contra Limpezas El Polígono, S.L. e Ancora Hispania, S.L., que non comparecen, e contra o Fogasa, que non comparece, ditou a presente sentenza.

(…)

Resolvo:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada e, en consecuencia, condeno solidariamente a Limpiezas El Polígono, S.L. e a Ancora Hispania, S.L. a aboar á demandante 151,93 euros, cantidade que se incrementará cos xuros do artigo 29.3 do ET. Condeno o Fogasa a estar e pasar pola presente resolución nos termos do artigo 23.6 inciso segundo LRXS.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas El Polígono, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2015

A secretaria xudicial