Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 1 de xullo de 2015 Páx. 27553

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2015/19-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Acuaes (Aguas de las Cuencas de España, S.A.).

Domicilio social: r/ Betancourt, nº 25, 4º andar, 10, 28000 Madrid.

Denominación: CS, LMTS interior EDAR Ourense CT1, CT2.

Situación: Ourense.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV de 710 m, con condutor RHZ1-20L 12/20 kV 3×(1×150 mm2) AL. O primeiro tramo de 86 m en canalización subterránea de P.E. de alta densidade de 160 mm de diámetro e o resto en bandexa de PVC de 100×300 mm soportada en parede da galería visitable, con orixe e fin no CS proxectado e con entrada e saída nos dous CCTT tamén proxectados CT1 y CT2 de 2.000 kVA/unidade e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 313.400,52 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 21 de maio de 2015

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense