Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 1 de xullo de 2015 Páx. 27554

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Cambados (expediente IN407A 2015/91-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Pontevedra.

Denominación: recuamento LMT D.C. Cambados 804-805 en Vilariño.

Situación: Cambados.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV, dobre circuíto, con condutor RHZ1 de 301 metros de lonxitude por liña, con orixe no paso aerosubterráneo (P.A.S.) no apoio proxectado C-7000/16 nº D8 e final no P.A.S. no apoio existente C-9000/17 nº D6, próximo ao CT Vilariño. Retensado do van aéreo (55 metros LA-110) comprendido entre o apoio proxectado e o existente 3500/15 nº D9. A instalación está situada en Vilariño, Cambados.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Ed. Administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 4 de xuño de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra