Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:
Solicitante: Mª del Carmen Reboredo Reboredo.
Domicilio social: lugar de Pereiró, 4, O Sixto, San Xoán, 36518 Dozón.
Denominación: LMTA, CT para unha granxa en Ponte da Pena.
Situación: Dozón.
Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 190 metros de lonxitude, con orixe nun apoio da LMTA existente en Pereiró e final no CT proxectado. Centro de transformación sobre apoio de formigón, de 50 kVA, RT 20 kV/400 V, situado en Ponte da Pena, Pereiró, Dozón.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014, esta xefatura territorial resolve:
Conceder autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Esta autorización outórgase sen prexuizo de terceiros e independientemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.
O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 12 meses a partir da recepción da presente resolución. A efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ao seu dereito.
Pontevedra, 15 de maio de 2015
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra