Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 30 de xuño de 2015 Páx. 27268

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 22 de xuño de 2015 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 30 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios e forestais cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) para o exercicio orzamentario de 2015.

A Orde do 30 de decembro de 2014 (publicada no DOG do 15 de xaneiro de 2015) establece as bases reguladoras e a convocatoria das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios e forestais cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) para o exercicio orzamentario de 2015.

No seu artigo 22 (Financiamento), relativo ao financiamento destas axudas, detállanse as aplicacións orzamentarias e o importe económico previsto para elas, e que corresponden á anualidade de 2015. Neste artigo sinálase, ademais, que os importes indicados se poderán incrementar nos supostos previstos no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A existencia de remanentes doutras convocatorias desta mesma liña de axudas, así como a incorporación de fondos adicionais, permiten a ampliación dos fondos inicialmente previstos, sendo, ademais, necesaria esta ampliación á vista das solicitudes de axuda presentadas.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.I.3º do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo único

Amplíase a dotación orzamentaria que se establece na Orde do 30 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios e forestais cofinanciadas polo Feader para o exercicio orzamentario de 2015, nos seguintes importes e aplicacións dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia:

Concepto orzamentario

Código de proxecto

Taxa de cofinaciamento do Feader

Anualidade 2015 (€)

12.22.741A.770.0

200700448

75 %

10.293.122

201100769

90 %

94.612

12.22.713D.770.0

201100767

75 %

304.612

Conforme iso, a dotación orzamentaria total para o financiamento desta orde é a seguinte:

Concepto orzamentario

Código de proxecto

Taxa de cofinaciamento do Feader

Anualidade 2015 (€)

12.22.741A.770.0

200700448

75 %

17.993.122

201100769

90 %

148.612

12.22.713D.770.0

201100767

75 %

1.204.612

Disposición adicional única

Esta modificación orzamentaria non afecta o prazo que se establece para a presentación de solicitudes de axuda na devandita Orde do 30 de decembro de 2014.

Disposición derradeira

Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase recorrer potestativamente en reposición no prazo dun mes desde a súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, segundo o disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contados partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2015

Rosa Mª Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar