Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 29 de xuño de 2015 Páx. 27140

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 27 de maio de 2015 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Axencia Galega de Innovación.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Axencia Galega de Innovación, mediante a Orde do 30 de marzo de 2015 (DOG núm. 82, do 4 de maio), de conformidade co establecido na disposición transitoria décimo quinta da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, nos artigos 17.4 e 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Ley da función pública de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación dun posto de traballo vacante na Axencia Galega de Innovación, anunciada pola Orde do 3 de novembro de 2014 (DOG núm. 224, do 21 de novembro).

Segundo. Adxudicarlle destino no posto de traballo de referencia á funcionaria que se indica no anexo I desta orde.

Terceiro. O cesamento no actual destino da funcionaria que obtivo praza producirase, segundo o previsto no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa Administración de orixe.

O prazo para tomar posesión do novo destino é de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia.

Cando o adxudicatario do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será de vinte días hábiles.

O cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se lle concedesen á persoa; no caso de incapacidade temporal, a partir da data de alta.

Cuarto. A xefatura de persoal do centro onde cause baixa a funcionaria, así como a daquel en que obteñan o destino, efectuarán dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión. A seguir, realizaranse os trámites para a súa alta en nómina.

Quinto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou poderán impugnala directamente, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2015

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía e Industria

ANEXO

Apelidos e nome: Bernal Cortegoso, María Teresa.

NRP: 4407567024 A2051.

Subgrupo: A2.

Denominación do posto: xefatura do Departamento de Servizos e Observatorio da Innovación.

Código: IN.A11.00.003.15770.020.

Nivel: 28.

Dependencia: Axencia Galega de Innovación.

Localidade: Santiago de Compostela.