Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 26 de xuño de 2015 Páx. 25385

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 5 de xuño de 2015, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se notifica a execución da resolución do expediente sancionador SXMEDIOS 2/2014 en materia de prestación do servizo de comunicación audiovisual.

Tras intentar a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante esta cédula notifícaselle á empresa que no anexo se menciona a execución da resolución do expediente sancionador SXMEDIOS 2/2014.

Advírteselle que terá que aboar a multa imposta mediante o impreso que poderá solicitar na Secretaría Xeral de Medios dentro do prazo de pagamento en período voluntario conforme o artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria. De non realizar o ingreso no prazo indicado, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o disposto no artigo 97 da Lei 30/1992.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2015

Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios

ANEXO

Expediente: SXMEDIOS 2/2014.

Denunciada: Ártabra Gestora de Medios, S.L.

NIF: B70292016.

Último enderezo de notificación: rúa Cardenal Cisneros, 36-38, Santa Cecilia, Narón (A Coruña).

Precepto infrinxido: artigo 57.6 da Lei 7/2010, xeral de comunicación audiovisual.

Sanción imposta: 100.001 euros, cesamento de emisións e precinto provisional dos equipamentos e das instalacións utilizados para a emisión.