Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 26 de xuño de 2015 Páx. 25386

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo da obra de humanización da travesía interior de Sabarís-fase III na rúa Areas desde a glorieta Santos Peralba ata o cruzamento coa avenida da praia Ladeira (Baiona).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 9/2015 U.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22086

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obra.

b) Descrición: humanización da travesía interior de Sabarís-fase III na rúa Areas desde a glorieta Santos Peralba ata o cruzamento coa avenida da Praia Ladeira (Baiona).

c) CPV (referencia de nomenclatura): 45233250-6.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 694.023,65 €.

5. Orzamento base de licitación, Importe neto: 694.023,65 €. Importe total: 839.768,62 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 27.5.2015.

b) Data de formalización do contrato: 4.6.2015.

c) Adxudicataria: Atlántica de Construcción y Medio Ambiente, S.L.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 554.316,69 €; importe total con IVE: 670.723,20 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2015

P.D. (Orde do 15.3.2012; DOG núm. 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas