Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 17 de xuño de 2015 Páx. 24172

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mugardos

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual ao Plan xeral de ordenación municipal de Mugardos para ampliar a cualificación dotacional de equipamentos do colexio Unión Mugardesa.

O Concello Pleno, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 21 de maio de 2015, aprobou inicialmente a modificación puntual ao Plan xeral de ordenación municipal de Mugardos para ampliar a cualificación dotacional de equipamentos do colexio Unión Mugardesa, redactado pola arquitecta municipal Olga Fra Gálvez, con data de decembro de 2014.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para os efectos de que durante o prazo de dous (2) meses, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poidan formular as reclamacións e alegacións que consideren pertinentes.

Suspensión de licenzas.

Así mesmo, o Concello Pleno, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 21 de maio de 2015, acordou a suspensión de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición para a área determinada na dita modificación. O que se fai público en cumprimento do artigo 77 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Mugardos, 25 de maio de 2015

Xosé Fernández Barcia
Alcalde