Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 17 de xuño de 2015 Páx. 24173

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Centro Tecnolóxico da Carne

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2015 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta fundación no primeiro cuadrimestre do ano 2015.

En virtude do establecido no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 13 de xullo),

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Fundación Centro Tecnolóxico da Carne no primeiro cuadrimestre do ano 2015 e que se incorporan como anexo a esta resolución.

San Cibrao das Viñas, 20 de maio de 2015

Miguel Fernández Rodríguez
Director xerente da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Fundación Centro Tecnolóxico da Carne no primeiro cuadrimestre do ano 2015

Convenio

Data de sinatura

Achega económica da Fundación

Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación Centro Tecnolóxico da Carne (CTC) para a realización de prácticas de estudantes da Facultade de Veterinaria.

2.1.2015

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Fundación Centro Tecnolóxico da Carne e Cooperativas Ourensanas, S.C.G. co fin de crear a Unidade Mixta de Investigación, Desenvolvemento e Innovación sobre o Sector Cárnico.

12.1.2015

Sen achega económica

Convenio para a prestación de asistencia xurídica pola Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia á Fundación Centro Tecnolóxico da Carne.

24.2.2015

1.500 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Centro Tecnolóxico da Carne para o desenvolvemento de proxectos de I+D+i no ámbito do sector cárnico.

22.4.2015

450.000 €