Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 17 de xuño de 2015 Páx. 24171

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ACORDO do 29 de abril de 2015 referente á convocatoria e ás bases para a provisión de diversas prazas en propiedade.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 89, do 14 de maio de 2015, aparecen publicadas as bases que deberán rexer a convocatoria e o proceso de provisión das seguintes prazas de persoal laboral, incluídas nas ofertas de emprego público do exercicio 2012 e anteriores, polo procedemento de concurso-oposición libre:

– Técnico/a medio de educación, grupo A2, diplomado.

– Educador/a familiar, grupo A2, diplomado.

As instancias para solicitar tomar parte no correspondente proceso selectivo presentaranse na forma prevista nas mencionadas bases, dirixidas ao alcalde presidente da Corporación, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con estas prazas publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo (A Coruña).

Arteixo, 15 de maio de 2015

P.D. (Decreto 989/2011)
José María Sánchez Novo
Concelleiro de Persoal e Recursos Humanos