Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 16 de xuño de 2015 Páx. 23784

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 8 de xuño de 2015 pola que se desenvolve o Decreto 50/2015, do 26 de marzo, polo que se crea un instituto de educación secundaria no concello de Culleredo.

Por Decreto 50/2015, do 26 de marzo, créase o instituto de educación secundaria de Culleredo, por desagregación do IES Eduardo Blanco Amor da mesma localidade, con capacidade para 12 unidades de educación secundaria obrigatoria e 4 unidades de bacharelato.

Na disposición adicional única do citado decreto prescríbese que o profesorado adscrito con carácter definitivo ao IES Eduardo Blanco Amor poderá adscribirse voluntariamente, de forma definitiva, ao novo centro nun número igual ao de prazas que se creen por cada especialidade, aplicando os criterios que establece o Decreto 140/2006, do 31 de agosto, polo que se determinan os criterios de perda de destino definitivo polo persoal funcionario docente que presta servizos nos centros educativos que imparten ensinanzas distintas das universitarias e o cómputo da antigüidade no centro en función das causas de acceso a el, e demais normativa de aplicación. Así mesmo, no suposto de que o número de persoas que solicitan a adscrición ao novo centro sexa inferior ao de prazas que se extinguen, aplicaranse os criterios que se establecen nos artigos 3.1 ou 4.1 e na disposición transitoria do mencionado decreto.

Resulta necesario regular o proceso de adscrición do persoal docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario e do corpo de mestres. Para tal fin, é preciso publicar os cadros de persoal dos dous centros, con independencia do número de unidades que vaian funcionar no curso académico 2015/16, e a xefatura territorial desta consellería na provincia debe efectuar as adscricións funcionais que procedan ata que o novo instituto estea funcionando co número de unidades previstas no decreto de creación.

Na súa virtude, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Persoal docente do instituto de educación secundaria Blanco Amor de Culleredo

1. O persoal docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario e do corpo de mestres con destino definitivo no IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo poderá adscribirse con carácter definitivo ao novo instituto de educación secundaria de Culleredo, código 15032935, nun número por corpo e especialidade igual ao que se publica como anexo I desta orde. Esta adscrición terá efectividade do 1 de setembro do 2015.

2. De non existir suficiente persoal voluntario, deberá adscribirse obrigatoriamente ao novo instituto de educación secundaria de Culleredo, código 15032935, o persoal docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario e do corpo de mestres con destino definitivo no IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo que exceda por corpo e especialidade do número de prazas que se publican como anexo II desta orde.

3. Para estes efectos, o corpo de catedráticos e o corpo de profesores de ensino secundario concorren ás mesmas prazas.

4. Non poderá participar no procedemento de adscrición regulado nesta orde o profesorado que non vaia ter destino definitivo no instituto de educación secundaria Blanco Amor de Culleredo, a partir do 1 de setembro de 2015.

Segundo. Criterios de prioridade de adscrición

A prioridade do persoal docente para adscribirse con carácter definitivo no novo instituto de educación secundaria de Culleredo ou para quedarse con destino definitivo no instituto de educación secundaria Blanco Amor de Culleredo virá determinada pola especialidade da praza da que é titular e, en segundo lugar, pola aplicación dos criterios establecidos no Decreto 140/2006, do 31 de agosto, polo que se determinan os criterios de perda do destino definitivo polo persoal funcionario docente que presta servizos nos centros educativos que imparten ensinanzas distintas das universitarias e o cómputo da antigüidade no centro en función das causas de acceso a el. Para estes efectos, terase en conta que só un catedrático terá prioridade para adscribirse ao novo centro.

Terceiro. Procedemento de adscrición

O persoal docente formulará a súa solicitude de adscribirse con destino definitivo no novo instituto de educación secundaria de Culleredo ou, de ser o caso, de manter o seu destino definitivo no instituto de educación secundaria Blanco Amor de Culleredo, nunha reunión convocada pola dirección deste instituto. A dirección do centro levantará acta da reunión facendo constar a opción de cada unha das funcionarias e funcionarios docentes e remitiraa á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e unha copia á Xefatura Territorial desta consellería da provincia da Coruña.

Cuarto. Efectividade da adscrición

O profesorado que como consecuencia da aplicación da presente orde obteña destino no instituto de educación secundaria de Culleredo, código 15032935, quedará adscrito con carácter definitivo nel con efectividade do 1 de setembro de 2015.

Quinto. Cómputo da antigüidade

O persoal funcionario docente que, como consecuencia do Decreto 50/2015, do 26 de marzo, polo que se crea un instituto de educación secundaria no concello de Culleredo e pola aplicación da presente orde, se adscriba con carácter definitivo ao instituto de educación secundaria de Culleredo, código 15032935, manterá, para os efectos de antigüidade no novo centro, a xerada no seu centro de orixe.

Sexto. Publicación dos destinos no DOG

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicará no Diario Oficial de Galicia a relación do persoal docente que queda adscrito con carácter definitivo ao instituto de educación secundaria de Culleredo, código 15032935.

Disposición adicional primeira. Orientación educativa e tecnoloxía

O persoal docente do corpo de profesores de ensino secundario adscrito con carácter definitivo á praza de orientación educativa e do corpo de profesores técnicos de formación profesional adscrito a Tecnoloxía no IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo manterán a dita adscrición no citado centro.

Disposición adicional segunda. Dereito de retorno

De conformidade co establecido no artigo 10 do Decreto 140/2006, do 31 de agosto, durante os seis anos seguintes á efectividade da adscrición regulada na presente orde, o persoal funcionario docente afectado terá un dereito de retorno ao seu centro de orixe en calquera das especialidades de que sexan titulares.

Disposición transitoria. Adscrición provisional

1. Durante os cursos académicos en que o instituto de educación secundaria de Culleredo, código 15032935, funcione con menos unidades das establecidas no artigo único do Decreto 50/2015, do 26 de marzo, o profesorado adscrito con carácter definitivo a este instituto poderá ser adscrito provisionalmente ao instituto de educación secundaria Blanco Amor de Culleredo, ou completar horario nel.

2. A adscrición provisional será realizada pola Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da provincia da Coruña, aplicando os criterios establecidos no Decreto 140/2006, do 31 de agosto, polo que se determinan os criterios de perda do destino definitivo polo persoal funcionario docente que presta servizos nos centros educativos que imparten ensinanzas distintas das universitarias e o cómputo da antigüidade no centro en función das causas de acceso a el.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Código

Corpo

Denominación da especialidade

Nº prazas

597025

Mestres

Ciencias Sociais: Xeografía e Historia

1

597025

Mestres

Lingua Estranxeira: Inglés

1

597027

Mestres

Educación Física

1

597060

Mestres

Pedagoxía Terapéutica

1

590001

PES

Filosofía

1

590003

PES

Grego/Cultura Clásica

1

590004

PES

Lingua Castelá e Literatura

3

590005

PES

Xeografía e Historia

3

590006

PES

Matemáticas

4

590007

PES

Física e Química

1

590008

PES

Bioloxía e Xeoloxía

1

590009

PES

Debuxo

1

590010

PES

Francés

1

590011

PES

Inglés

2

590016

PES

Música

1

590017

PES

Educación Física

1

590018

PES

Orientación Educativa

1

590019

PES

Tecnoloxía

2

590053

PES

Lingua Galega e Literatura

3

ANEXO II

Código

Corpo

Denominación da especialidade

Nº prazas

597021

Mestres

Ciencias Sociais: Xeografía e Historia

1

597022

Mestres

Ciencias da Natureza

1

597023

Mestres

Matemáticas

1

597024

Mestres

Lingua Castelá e Literatura

1

597025

Mestres

Lingua Estranxeira: Inglés

1

597028

Mestres

Música

1

597060

Mestres

Pedagoxía Terapéutica

1

597067

Mestres

Lingua Galega

1

590001

PES

Filosofía

1

590002

PES

Latín/Cultura Clásica

1

590004

PES

Lingua Castelá e Literatura

5

590005

PES

Xeografía e Historia

4

590006

PES

Matemáticas

5

590007

PES

Física e Química

1

590008

PES

Bioloxía e Xeoloxía

3

590009

PES

Debuxo

2

590010

PES

Francés

2

590011

PES

Inglés

4

590016

PES

Música

1

590017

PES

Educación Física

2

590018

PES

Orientación Educativa

1

590019

PES

Tecnoloxía

3

590053

PES

Lingua Galega e Literatura

5