Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 15 de xuño de 2015 Páx. 23678

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2015 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación das subministracións correspondentes aos expedientes 13/15 e dous máis.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

• Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

• Enderezo: edificio da Xerencia-Servizos Centrais, Campus As Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: 36310 Vigo.

• Teléfono: 986 81 35 51.

• Telefax: 986 81 38 57.

• Enderezo electrónico: xscont@uvigo.es

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp “idm_abr=ga

• Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de remate do prazo de presentación de ofertas.

2. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

3. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

c) Complementaria: non se exixe.

4. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económico-financeira e solvencia técnica e profesional: as que se indican, respectivamente, nos puntos 11 e 12 da folla resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no número 13 da folla resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ás 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: papel, tres sobres: A, B e C (de ser o caso, compróbense os requirimentos de cada expediente).

c) Lugar de presentación:

• Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

• Enderezo: edificio da Xerencia, servizos centrais baixo, praza de Erasmo s/n, Campus das Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo 36310.

• Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

6. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para os sobres B e C na sala de xuntas da Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: edificio da Xerencia e Servizos Centrais, 2º andar, praza de Erasmo s/n, Campus das Lagoas-Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

7. Gastos de publicidade: serán a cargo do adxudicatario, rateando o seu importe a partes iguais entre os licitadores que resulten adxudicatarios. Aproximadamente 1.200 €.

8. Obxecto do contrato do expediente 13/15:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: plataforma de espectroescopía no dominio de frecuencia ata banda de teraherzios (tHz) de onda continua (cw), baseado en fotomesturadores por arseniuro de galio (GaAs), con dobre díodo láser e combinación de feixe por fibra ótica.

c) Criterios de adxudicación: segundo os subcriterios indicados no número 16 da folla resumo de características do prego.

• Prezo (criterio automático): 40 puntos.

• Dobre díodo láser GaAs (criterio automático): 5 puntos.

• Rango espectral (criterio automático): 5 puntos.

• Receptor de THz por fotomesturador (criterio automático): 5 puntos.

• Velocidade de cambio de frecuencia (frequency tuning) (criterio automático): 5 puntos

• Resolución de frecuencia (criterio automático): 5 puntos.

• Potencia de transmisión (criterio automático): 5 puntos.

• Outras melloras (criterios automático): 5 puntos.

• Emisor de THz por fotomesturador (criterio automático): 5 puntos.

• Rango dinámico (criterio automático): 4 puntos.

• Ganancia do módulo de extensión de potencia (criterio automático): 4 puntos.

• Illamento de saída do módulo de extensión de potencia (criterio automático): 4 puntos.

• Rango dinámico mellorado do módulo de extensión de potencia (criterio automático): 4 puntos.

• Illamento óptico (criterio automático): 4 puntos.

d) División por lotes: non procede.

e) Lugar de execución/entrega: Escola de Enxeñaría de Telecomunicación no Campus das Lagoas-Marcosende en Vigo.

f) Prazo de execución: 2 meses.

g) Admisión de prórroga: non.

h) CPV: 38300000-8.

i) CPA: 32.

j) Valor estimado do contrato: 91.450 €.

k) Importe de licitación: 91.450 €+19.204,50 € de IVE.

l) Outra información: convocatoria 2013 de axudas a infraestruturas e equipamento científico técnico Mineco-Feder. Finánciase parcialmente con fondos Feder nun 80 %, no marco do Programa operativo plurirrexional de economía baseada no coñecemento e nos programas operativos rexionais correspondentes a cada unha das comunidades autónomas do obxectivo competitividade rexional e emprego correspondentes ao período de programación dos fondos estruturais 2007-2013 (data límite para executar a aplicación dos fondos: 31.12.2015).

9. Obxecto do contrato do expediente 14/15:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: servidor de cálculo e 3 servidores en rack–2 lotes.

c) Criterios de adxudicación: segundo os subcriterios indicados no número 16 da folla resumo de características do prego.

• Lote 1:

• Prezo (criterio automático): 40 puntos.

• Incremento no número de núcleos de cálculo (cores) totais (criterio automático): 8 puntos.

• Incremento na memoria RAM (DDR3 ECC rexistrada) (criterio automático): 8 puntos.

• Garantía do equipamento durante 3 anos en modalidade in situ (criterio automático): 12 puntos.

• Capacidade do chasis para permitir a instalación de tarxetas GPU adicionais (non se solicitan) (criterio automático): 30 puntos.

• Capacidade do chasis para albergar discos HDD 2.5” adicionais (non se solicitan) (criterio automático): 2 puntos.

• Lote 2:

• Prezo (criterio automático): 40 puntos.

• Melloras no procesador (criterio automático): 16 puntos.

• Incremento en memoria RAM (criterio automático): 18 puntos.

• Capacidade de almacenamento adicional (HDD SAS 6Gbps) (criterio automático): 10 puntos.

• Extensión da garantía (criterio automático): 5 puntos.

• Outras melloras (criterio automático): 11 puntos.

d) División por lotes: 2.

e) Lugar de execución/entrega: Escola de Enxeñaría de Telecomunicación no Campus das Lagoas-Marcosende en Vigo.

f) Prazo de execución: 2 meses.

g) Admisión de prórroga: non.

h) CPV: 30000000-9. Codificación CPA: 32.

i) CPA: 26.

j) Valor estimado do contrato: lote 1: 52.151 €; lote 2: 14.070 €.

k) Orzamento base de licitación: lote 1: 52.151 €+10.951,71 € de IVE; lote 2: 14.070 €+2.954,70 € de IVE.

l) Outra información: convocatoria 2013 de axudas a infraestruturas e equipamento científico técnico Mineco-Feder. Finánciase parcialmente con fondos Feder nun 80 %, no marco do Programa operativo plurirrexional de economía baseada no coñecemento e nos programas operativos rexionais correspondentes a cada unha das comunidades autónomas do obxectivo competitividade rexional e emprego correspondentes ao período de programación dos fondos estruturais 2007-2013 (data límite para executar a aplicación dos fondos: 31.12.2015).

10. Obxecto do contrato do expediente 16/15:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: plataforma para prototipos de sistemas mimo en banda multimedia.

c) Criterios de adxudicación: segundo os subcriterios indicados no número 16 da folla resumo de características do prego.

• Oferta económica (criterio automático): 40 puntos.

• Largo de banda en banda base dos sinais transmitidos/recibidos que se poderían xerar con este sistema (criterio automático): 30 puntos.

• Meses de ampliación do período de garantía por defectos de fabricación adicionais a unha garantía básica de referencia de 12 meses (incluíndo pezas de substitución e man de obra de reparación) (criterio automático): 15 puntos.

• Meses de ampliación do período de mantemento de calibración dos módulos adicionais a un período básico de referencia para mantemento de calibración de 12 meses (incluíndo a calibración necesaria dos módulos) (criterio automático): 15 puntos.

d) División por lotes: non procede.

e) Lugar de execución/entrega: Escola de Enxeñaría de Telecomunicación no Campus das Lagoas-Marcosende en Vigo.

f) Prazo de execución: 1 mes.

g) Admisión de prórroga: non.

h) CPV: 38300000-8.

i) CPA: 32.

j) Valor estimado do contrato: 100.000 €.

k) Importe de licitación: 100.000 €+21.000 € de IVE.

Vigo, 9 de xuño de 2015

P.D. (Resolución 7.5.2014, DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jauregui
Xerente da Universidade de Vigo