1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Universidade de Vigo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.
c) Obtención de documentación e información:
1º Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.
2º Enderezo: edificio da Xerencia-servizos centrais Campus As Lagoas-Marcosende
3º Localidade e código postal: 36310 Vigo.
4º Teléfono: 986 81 37 67.
5º Telefax: 986 81 38 57.
6º Correo electrónico: alabel@uvigo.es
7º Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://tablon2.uvigo.es/listado_expedientes.asp
8º Data límite de obtención de documentación e información: 14 de xullo de 2015.
d) Número de expediente: 17/15.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: subministracións.
b) Descrición: analizador vectorial no lineal de redes de potencia.
c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non procede.
d) Lugar de execución/entrega:
1º Enderezo: Laboratorio A-308 na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación no Campus das Lagoas-Marcosende en Vigo.
2º Localidade e código postal: Vigo 36310.
e) Prazo de entrega: 2 meses.
f) Admisión de prórroga: non procede.
g) Codificación CPV: 38300000-8. Codificación CPA: 32.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación:
1º Prezo: 40 puntos.
2º Estabilidade da calibración do analizador, fronte a variacións de temperatura, nas medidas de magnitude e fase das compoñentes espectrais nos portos do dispositivo: a estabilidade no rango de frecuencias de 32 GHz a 50 GHz debe ser igual ou mellor que 0.02 dB/°C na magnitude e 0.4°/°C na fase: 35 puntos.
3º O sistema inclúe os compoñentes necesarios que permitan a realización de medidas de parámetros X nas dúas portas de dispositivos activos que xeran ata 25 W de potencia RF á súa saída, polo menos para as frecuencias fundamentais correspondentes á banda de 2 GHz a 6 GHzl: 15 puntos.
4º O analizador pode incorporar receptores de ruído dedicados, con filtración e preamplificadores integrados no propio equipo, en todo o largo de banda (10MHz a 50GHz) para medir con precisión valores de NF<1dB e que co software podería permitir a medida da ÜNoise Figure (NF)Ü: 10 puntos, de acordo coa folla resumo de características.
4. Valor estimado do contrato: 260.895,80 €.
5. Orzamento base de licitación: a) Importe neto: 260.895,80 €+54.788,12 € de IVE.
6. Garantías exixidas: provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación sen IVE.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: as que se indican na folla resumo do prego de cláusulas administrativas.
b) Outros requisitos específicos: os indicados no número 13 da FRC.
8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: 21 de xullo de 2015, ás 14.00 horas.
b) Modalidade de presentación: papel 3 sobres A, B e C.
c) Lugar de presentación:
1º Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.
2º Enderezo: edificio da Xerencia, servizos centrais, planta baixa. As Lagoas-Marcosende.
3º Localidade e código postal: Vigo 36310.
4º Enderezo electrónico: alabel@uvigo.es
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.
9. Apertura de ofertas:
a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na sala de xuntas do edificio da Xerencia e servizos centrais da Universidade de Vigo.
b) Enderezo: As Lagoas-Marcosende, 2º andar.
c) Localidade e código postal: 36310 Vigo.
d) Data e hora: publicarase no perfil do contratista da Universidade de Vigo.
10. Gastos de publicidade: serán a cargo do adxudicatario, aproximadamente 2.400 euros.
11. Outras informacións: convocatoria 2013 de axudas a infraestruturas e equipamento científico técnico Mineco-Feder. Finánciase parcialmente con fondos Feder nun 80 %, no marco do Programa operativo plurirrexional de economía baseada no coñecemento e nos programas operativos rexionais correspondentes a cada unha das comunidades autónomas do obxectivo competitividade rexional e emprego correspondentes ao período de programación dos fondos estruturais 2007-2013 (data límite para executar a aplicación dos fondos: 31.12.2015).
Vigo, 9 de xullo de 2015
P.D. (Resolución 7.5.2014, DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jauregui
Xerente da Universidade de Vigo