Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 15 de xuño de 2015 Páx. 23685

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vedra

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan especial de protección e integración paisaxística.

Por acordo do Pleno do Concello, en sesión ordinaria do 27 de abril de 2015, aprobouse definitivamente o Plan especial de protección e integración paisaxística de actuación na ordenanza N-3 de predios singulares (Fonte de Meire), no lugar de Pousada de Abaixo na parroquia de Vedra, neste termo municipal, nos termos do expediente tramitado, o que se publica para os efectos do artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 92.3 da mencionada Lei 9/2002, do 30 de decembro, remitíronse á consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio dous exemplares do Plan especial de protección e integración paisaxística aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que o integran, debidamente dilixenciados polo secretario do concello.

Así mesmo, de acordo co sinalado no artigo 92.2 da citada lei, publicarase no BOP da Coruña o documento que contén a normativa e as ordenanzas.

Contra o acordo de aprobación definitiva, en aplicación do artigo 107.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo elo sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere máis conveniente.

Vedra, 11 de maio de 2015

Carlos Matínez Carrillo
Alcalde