Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 15 de xuño de 2015 Páx. 23548

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2015/95-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Consellería de Traballo e Benestar.

Domicilio social: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

Denominación: LMTS.

Situación: Cegadi-Rúa Queixume dos Pinos, 2.

Características técnicas: liña de media tensión soterrada con inicio no tramo SCY8060010 entre CT15CWF8 (rúa Vento Mareiro) e CT15CYF1 (rúa Xosé Chao), de 154+154 de lonxitude, con condutor de aluminio RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240 mm2), e remate no centro de seccionamento tramitado no expediente IN407A 2015/49.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións neste xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 2 de xuño de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña