Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 15 de xuño de 2015 Páx. 23549

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2015/49-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Consellería de Traballo e Benestar.

Domicilio social: Edificio Administrativo San Caetano, s/n,15781 Santiago de Compostela.

Denominación: CS e CT de 630 kVA no Centro Galego de Desenvolvemento Integral (Cegadi).

Situación: rúa Queixume dos Pinos, 2, 15705 Santiago de Compostela.

Características técnicas: centro de secionamento soterrado en edificio prefabricado de formigón específico para ese fin. Celas prefabricadas de entrada, saída e derivación con interruptores-secionadores de 24 kV, 400 A. Liña de media tensión soterrada, con inicio no centro de seccionamento de 15 m de lonxitude, con condutor de aluminio RHZ1 12/20 kV 3×(1×195 mm2), e remate no centro de transformación proxectado. Centro de transformación soterrado en edificio prefabricado de formigón específico para este fin, con celas prefabricadas (24 kV, 400 A) e transformador de 630 kVA, relación 20 kV/420 V e refrixeración natural de aceite.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 2 de xuño de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña