Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 15 de xuño de 2015 Páx. 23546

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Oleiros (expediente IN407A 2015/134-1).

Número de expediente: IN407A 2015/134-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT SMC-724 A Choupana.

Concello: Oleiros.

Características técnicas:

– Tramo de liña de media tensión aérea SMC-424, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,071 km, con orixe en apoio nº 17/1 proxectado que substitúe o apoio de formigón existente da LMT SMC-724, onde realizase o paso aéreo a subterráneo da LMT a CT A Choupana (expediente 27.575), condutor tipo LA-110 mm2 AL, e final no apoio nº 17/2 existente da LMT SMC-724, onde realizase o paso aereosubterráneo da LMT ao CT Monte do Sino (expediente 12/00).

– Conexión paso aéreo a subterráneo para substituír da LMT a CT A Choupana (expediente 27.575) coa liña de media tensión aérea SMC-724, cunha lonxitude de 0,025 km que se vai realizar no apoio nº 17/1 proxectado, condutor tipo RHZ1-20L-12/20 kV 1×95 mm2 AL.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 19 de maio de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña