Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 12 de xuño de 2015 Páx. 23347

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación do servizo de xestión de traballos técnicos derivados da programación de actividades no auditorio municipal.

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Festas. Nº de expediente: 6016-335.

2. Obxecto do contrato: descrición: prestación do servizo de xestión de traballos técnicos derivados da programación de actividades no Auditorio Municipal da Casa do Concello de Vigo.

Lugar de execución: auditorio municipal.

Prazo de execución: 1 ano. Prórroga: si, dun ano de duración.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 90.153,51 euros.

5. Garantías provisionais: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante), teléfono 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar a documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 das FEC.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e conómica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 13 de maio de 2015

P.D. (Decreto 29.7.2014 e Acordo 30.7.2014)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación