Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 12 de xuño de 2015 Páx. 23349

VI. Anuncios

b) Administración local

Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra

ANUNCIO de licitación para a contratación do servizo de limpeza das dependencias do Pazo da Cultura, do recinto feiral e do Teatro Principal para adxudicar mediante procedemento aberto con pluralidade de criterios.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: servizo de limpeza das dependencias do Pazo da Cultura, do recinto feiral e do Teatro Principal.

Lugar de execución: Pazo da Cultura, recinto feiral e Teatro Principal.

Prazo de duración: 3 anos con posibilidade de prórroga anual ata dous anos máximo.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 47.275,18 euros (IVE incluído) por ano, sendo o orzamento máximo total, de conformidade co artigo 12 do prego, de 236.375,90 euros (IVE incluído), se o contrato durase o máximo previsto.

Valor estimado: 195.351,98 euros.

5. Garantías.

Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación total proposto polo adxudicatario multiplicado por tres anos, excluído o IVE.

6. Obtención de documentación e información.

Información e documentación: Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra, rúa Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra. Teléfono: 986 83 30 61. Fax: 986 87 40 70.

Perfil do contratante do Pazo de Congresos e Exposicións: https://contrataciondelestado.es/wps/portal/!ut/p/b0/04_Sj9CPykssy0xPLMnMz0vMAfIjU1JTC3Iy87KtClKL0jJznPPzSooSSxLzSlL1w_Wj9KMyU5wK9COrkoz8M0xCzQMzsgO9jUJc0yLcK7UdbW31C3JzHQGJKyEl/

* Data límite de obtención de documentación e información: solicitarase cunha antelación mínima de nove días naturais á finalización do prazo para presentar ofertas.

7. Presentación de ofertas.

O prazo para presentar as proposicións será o maior que resulte dos seguintes:

– 26 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no último dos boletíns en que deba ser publicado (BOP e DOG).

8. Documentación que deben presentar.

A sinalada no artigo 26 do prego de cláusulas administrativas.

9. Lugar de presentación.

No Rexistro Xeral do Pazo de Congresos e Exposicións e, se é sábado, no Rexistro Xeral do Concello de Pontevedra.

10. Apertura de ofertas.

O segundo día hábil -non sábado- posterior a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións, ás 9.30 horas, na sala de xuntas do Concello de Pontevedra, de conformidade co prego.

11. Criterios de adxudicación.

Os indicados no artigo 29 do prego de cláusulas.

12. Gastos do anuncio.

A cargo do adxudicatario.

Pontevedra, 25 de maio de 2015

Miguel Anxo Fernández Lores
Presidente do Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra