Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 12 de xuño de 2015 Páx. 23351

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Cable-Lemos, S. Coop. Galega en liquidación

ANUNCIO de acordo de liquidación-extinción da cooperativa.

As liquidadoras da cooperativa Cable-Lemos, S. Coop. Galega, en liquidación, nomeadas na asemblea xeral extraordinaria do 10 de outubro de 2014 e en cumprimento do establecido no artigo 94 da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, adoptaron o acordo de extinción da cooperativa, tras a aprobación do balance final de liquidación cun activo de 0 euros e un pasivo de 0 euros, polo que non procede ningunha adxudicación entre os socios.

Monforte de Lemos, 8 de maio de 2015

Cristina Silvia López García
Ana Blanco Expósito
María Teresa González Expósito
María del Carmen Durán Paradela
Aurelia Losada Rodríguez
Liquidadoras de Cable-Lemos, S. Coop. Galega, en liquidación