Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 12 de xuño de 2015 Páx. 23345

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal na Rocha, estrada N-550 no punto quilométrico 67.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 5 de marzo de 2015, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

a) Aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) na Rocha, estrada N-550 p.q. 67, segundo o proxecto presentado con data do 18 de xuño de 2014 por Jorge Duarte, en representación de Galuresa.

b) En aplicación do procedemento regulado polo artigo 85.2 da LOUG, a modificación inicialmente aprobada someterase á información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e en dous xornais dos de maior circulación na provincia. Simultaneamente, efectuarase citación persoal aos propietarios dos inmobles afectados, segundo figuren no Catastro.

c) Durante o trámite de información pública solicitarase o informe do organismo autónomo Augas de Galicia e do director xeral do Patrimonio Cultural.

d) Como condición para a aprobación provisional da modificación deberá incorporarse un anexo que recolla as condicións sinaladas por Augas de Galicia durante o período de consultas do documento de inicio, ademais das que, de ser o caso, resulten dos informes sectoriais que se reúnan durante o período de información pública.

e) A aprobación inicial da modificación determina automaticamente, por aplicación do disposto no artigo 77.2 da LOUG, a suspensión do outorgamento de licenzas para todas aquelas actuacións que puidesen resultar incompatibles coa nova ordenación proposta. A suspensión terá unha duración máxima de dous anos contados desde o acordo de aprobación inicial e extinguirase en todo caso coa aprobación definitiva do planeamento.

O que se publica co fin de que, durante o prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e en dous xornais dos de maior circulación na provincia, os interesados poidan consultar o expediente no Servizo de Planeamento e Xestión e formular as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2015

P.D. (Decretos 4867 e 4903/2014, do 9 e 11 de xullo, respectivamente)
Teresa Gutiérrez López
Concelleira delegada da Área de Desenvolvemento Urbano e Sostible