Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 12 de xuño de 2015 Páx. 23256

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (116/2015).

Execución de títulos xudiciais 116/2015

Procedemento orixe: procedemento ordinario 880/2011

Sobre ordinario

Demandante: Manuel Francisco Rúa Romay

Procuradora: María Soledad Sánchez Silva

Demandados: Instalnor 21, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial)

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 116/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Franciso Rúa Romay contra Instalnor 21, S.L. e Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Acordo:

a) Declarar o executado, Instalnor 21, S.L., en situación de insolvencia total por importe de 7.015,31 euros en concepto de principal máis outros 701,53 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poden devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se en diante se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez que sexa firme, inscríbase no rexistro correspondente.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións tentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos; será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Para que sirva de notificación en legal forma a Instalnor 21, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2015

A secretaria xudicial