Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 12 de xuño de 2015 Páx. 23274

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se convoca a contratación da xestión de servizos públicos consistente na reserva e ocupación de prazas no servizo de atención residencial para persoas maiores en situación de dependencia en concellos da Comunidade Autónoma galega (tramitación documentalmente simplificada).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Recursos Económicos.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

3º. Teléfono: 981 54 56 50/981 54 69 87.

4º. Fax: 981 54 56 63.

5º. Páxina web: http://www.contratosdegalicia.es

6º. Data límite para a obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: PA 30/2015.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: xestión de servizos públicos.

b) Descrición: reserva e ocupación de prazas residenciais para persoas maiores en situación de dependencia, mediante a modalidade de concerto, en diversos concellos de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: 2 lotes.

d) Lugar de execución/entrega: varios concellos das provincias da Coruña e Pontevedra.

e) Prazo de execución/entrega: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2016.

f) Admisión de prórroga: si, anual ata un máximo de 5 anos.

g) CPV (referencia nomenclatura): 85311100 Servizos de benestar social proporcionados a anciáns.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: ver cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 4.613.276,00 euros.

5. Orzamento base de licitación.

a) O orzamento da licitación ascende á cantidade de un millón cincuenta e sete mil setecentos sesenta euros (1.057.760,00 €), ao que se lle engaden corenta e dous mil douscentos corenta euros (42.240,00 €) que corresponden o IVE (4 %), o que fai un total de un millón cen mil euros (1.100.00,00 €) IVE incluído.

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver cláusula 5.4.7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia.

b) Lugar de presentación: Rexistro Único e de Información da Xunta de Galicia (enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición:

– Apertura dos sobres A: acto non público, cualificación da documentación administrativa.

– Apertura dos sobres B: acto público, apertura da documentación non avaliable mediante fórmulas.

– Apertura dos sobres C: acto público, apertura da documentación avaliable mediante fórmulas.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: indicarase na plataforma de contratación da Xunta de Galicia.

10. Gastos de publicidade: 10,82 € por liña publicada no Diario Oficial de Galicia.

11. Información adicional: os pregos pódense obter na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22737

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2015

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar