Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 12 de xuño de 2015 Páx. 23272

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos de seguridade e vixilancia en varios centros dependentes da Xefatura Territorial da Coruña (Museo de Belas Artes, Museo das Peregrinacións e de Santiago, Biblioteca Pública Miguel Ángel Garcés da Coruña e Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela), contratación documentalmente simplificada.

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20943

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 148, do 6 de agosto de 2014.

2. Obxecto do contrato.

Tipo: servizos, non suxeito a regulación harmonizada.

Descrición: servizo de seguridade e vixilancia en varios centros dependentes da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (Museo de Belas Artes, Museo das Peregrinacións e de Santiago, Biblioteca Pública Miguel Ángel Garcés da Coruña e Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela).

Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

3. Orzamento base de licitación: 410.000,00 €, IVE excluído.

4. Formalización do contrato.

a) Data da adxudicación: 12 de febreiro de 2015.

b) Data da formalización do contrato: 28 de maio de 2015.

c) Contratista: Vigilancia Integrada, S.A.

d) Importe de adxudicación: 374.202,94 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2015

P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria