Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 12 de xuño de 2015 Páx. 23277

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fai pública a formalización do acordo marco e do contrato derivado del correspondente á subministración sucesiva de consumibles informáticos destinados a esta consellería (expediente 59/2014).

En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do acordo marco e do contrato que se relaciona a continuación:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 59/2014.

d) Enderezo na internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de consumibles informáticos destinados á Consellería de Traballo e Benestar.

c) División por lotes: non.

d) CPV: 30124000-4 Partes e accesorios de máquinas de oficina.

30125100-2 Cartuchos de tóner.

30233100-2 Unidades de memoria.

30234000-8 Soportes de almacenamento.

e) Acordo marco: si.

f) Tipo de fondo: orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, correspondentes á Consellería de Traballo e Benestar.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE), Boletín Oficial del Estado (BOE) e Diario Oficial de Galicia (DOG).

h) Data de publicación do anuncio de licitación:

Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE): 17 de novembro de 2014.

Data de publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE): 20 de novembro de 2014.

Data de publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG): 21 de novembro de 2014.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado: oitocentos setenta mil trinta e un euros con sesenta e cinco céntimos de euro (870.031,65 €).

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación do acordo marco: 31 de marzo de 2015.

b) Data de formalización dos contratos derivados: 27 de maio de 2015.

c) Contratista: Discount Informático, S.L.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe de adxudicación: prezos unitarios ofertados para cada produto.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2015

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar