Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 12 de xuño de 2015 Páx. 23279

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2015 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, con tramitación ordinaria, documentalmente simplificada, do servizo de recollida de datos para a realización de estatísticas agroforestais, tres lotes (expediente 30/2015).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de recollida de datos para a realización de estatísticas agroforestais.

c) División por lotes e número: si; tres.

Lote 1: enquisa do sector porcino industrial e recollida de prezos do leite percibidos polos gandeiros no ano 2014

Lote 2: recollida da información sobre o sacrificio de gando nos matadoiros e actualización do directorio.

Lote 3: recollida dos prezos agrarios e da terra con destino agrícola ou gandeiro, rendementos e avances de superficies e producións de cultivos agrícolas.

d) Prazo de execución: lote 1: ata o 20 de decembro de 2015; lote 2: ata o 31 de xaneiro de 2016 e lote 3: ata o 31 de decembro de 2015.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 79330000-6.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado.

Criterios de adxudicación: oferta económica.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 52.168,97 €, IVE (21 %): 10.955,48 €. Importe total: 63.124,45 € (a distribución por lotes especifícase no prego de cláusulas administrativas particulares).

Valor estimado: 52.168,97 €.

5. Financiamento: fondos propios.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe. Non obstante, se o licitador conta coa clasificación: grupo L, subgrupo 3, categoría a, está exento de presentar solvencias (epígrafe H da folla de especificacións do prego).

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: segundo o disposto nas epígrafes J e K da folla de especificacións do prego.

7. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 40 46/981 5 57 37 (consultas administrativas) e 981 54 66 96 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22846

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15 días) naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que cómpre presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), e poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Data e hora: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do décimo primeiro día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que sexa sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

12. A efectiva adscrición dos medios persoais mínimos necesarios (epígrafe K da folla de especificacións do prego) á execución do contrato considérase obriga esencial para os efectos do previsto no artigo 223.f) do texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2015

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG núm. 70, do 12 de abril)
Por ausencia
Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral do Medio Rural e Montes