Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 11 de xuño de 2015 Páx. 23095

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2015 pola que se rectifica o anuncio de licitación correspondente ao expediente 13/14 de adquisición e posta en servizo dun sistema de disco privado virtual.

Non téndose incluído no número 11 (outras informacións) a orixe de financiamento do expediente 13/14, faise necesario incluílo, polo que se acorda rectificar o anuncio de licitación publicado con data do 15 de xullo de 2014 (DOG num. 133, páxina 31310) nos termos que se indican a continuación:

A continuación do número 10 engadir:

11. Financiamento: Feder, proxecto de referencia: UNVI08-1E-004, axuda correspondente ás liñas de actuacións en infraestrutura científico-tecnolóxica do Plan nacional de investigación científica, desenvolvemento e innovación tecnolóxica 2008-2011 e ao Programa nacional de infraestruturas científico-tecnolóxicas convocadas polo Ministerio de Ciencia e Innovación, mediante as ordes PRE/660/2008, do 7 de marzo e PRE1083/2008, do 11 de abril, baixo a modalidade combinada de anticipo reembolsable (Feder 70 %). Data límite para xustificación dos fondos: 31.12.2014.

Vigo, 20 de maio de 2015

P.D. (Resolución do 7.5.2014; DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jauregui
Xerente da Universidade de Vigo