Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 11 de xuño de 2015 Páx. 23096

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública sobre a publicación das bases polas que se regula a concesión de subvencións a familias con escasos recursos para a adquisición de material educativo.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 135, do 3 de xuño de 2015, publícanse as bases polas que se regula a concesión de subvencións ás familias con escasos recursos para a adquisición de material educativo no segundo ciclo de educación infantil para o curso 2015/16, aprobadas polo Decreto 15004312 do 27 de maio de 2015.

O que se fai público para os efectos oportunos.

Lugo, 3 de xuño de 2015

José Clemente López Orozco
Alcalde (en funcións)