Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 11 de xuño de 2015 Páx. 23091

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2015 pola que se anuncia a licitación do contrato de subministración do equipamento para o estudo da mellora das propiedades superficiais de materiais metálicos: procesamento mediante láser e análise da súa resposta á oxidación e corrosión (cinco lotes), cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), programa operativo UNLC13-1E-2434 (expediente 2015/1014).

– Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Universidade da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica-Sección de Contratación.

2º Domicilio: Reitoría da Universidade da Coruña. Rúa Maestranza, nº 9, 1º andar.

3º Localidade e código postal: A Coruña, 15001.

4º Teléfono: +34 981 16 70 00 (extensións 1118 e 1038).

5º Telefax: +34 981 16 70 20.

6º Correo electrónico: seccion.contratacion@udc.es

7º Enderezo da internet do perfil do contratante:

http: //www.udc.gal/contratacionadministrativa

8º Data límite de obtención de documentación e información: durante o prazo de presentación de proposicións.

* Número de expediente: 2015/1014 (5 lotes).

– Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: equipamento para o estudo da mellora das propiedades superficiais de materiais metálicos: procesamento mediante láser e análise da súa resposta á oxidación e corrosión. Lote 1: sistema polivalente para o procesamento láser en réxime do femtosegundo. Lote 2: mufla de atmosfera inerte e balanza. Lote 3: rectificadora. Lote 4: equipamento de análise de corrosión, composto de potenciotato galvanostato e módulo de impedancia. Lote 5: equipamento extensométrico portátil,.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si, cinco lotes.

d) Lugar de execución/entrega: Centro de Investigacións Tecnolóxicas (CIT).

1º Domicilio: Campus de Esteiro.

2º Localidade e código postal: Ferrol, 15403.

e) Prazo de execución/entrega: 90 días naturais, para cada un dos lotes.

f) Admisión de prórroga: conforme o establecido no prego de clausulas administrativas particulares (PCAP).

g) CPV (referencia de nomenclatura):

Lote 1: 38636100-3.

Lote 2: 42923000-2, 39711360-0.

Lote 3: 42600000-2.

Lote 4: 71337000-9.

Lote 5: 73430000-5.

– Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no PCAP.

– Valor estimado do contrato: 187.355,50 euros.

– Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 187.355,50 euros.

Lote 1: 135.355,50 euros.

Lote 2: 9.000,00 euros.

Lote 3: 10.000,00 euros.

Lote 4: 28.000,00 euros.

Lote 5: 5.000,00 euros.

Importe total: 226.700,16 euros.

Lote 1: 163.780,16 euros.

Lote 2: 10.890,00 euros.

Lote 3: 12.100,00 euros.

Lote 4: 33.880,00 euros.

Lote 5: 6.050,00 euros.

– Garantías exixidas:

Definitiva: 5 % de importe de adxudicación (IVE excluído).

– Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría) (se é o caso): os que figuran no PCAP.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (no seu caso): os que figuran no PCAP.

c) Outros requisitos específicos: os que figuran no PCAP.

– Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: de luns a venres, antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.Se o prazo remata en sábado ou día inhábil, trasladarase ao día seguinte hábil.

b) Modalidade de presentación: a que figura no PCAP.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade da Coruña.

2º. Domicilio: Reitoría, rúa Maestranza, nº 9.

3º. Localidade e código postal: A Coruña, 15001.

d) Admisión de variantes, se procede: especifícase no PCAP.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: especifícase no PCAP.

– Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura dos criterios non avaliables de forma automática (sobre B) e dos criterios avaliables de forma automática (sobre C).

b) Enderezo: Reitoría, rúa Maestranza, nº 9.

c) Localidade e código postal: A Coruña, 15001.

d) Data e hora:

1º. Apertura do sobre B: o cuarto día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación de proposicións, ás 12.00 horas. Se este día coincide no sábado, realizarase o luns seguinte á mesma hora.

2º. Apertura do sobre C: a mesa de contratación comunicará a través do perfil do contratante o día e hora en que terá lugar.

– Gastos de publicidade: serán por conta das empresas adxdicatarias a pro rata.

– Outras Informacións: o adxudicatario da contratación estará obrigado acumprir as obrigas de información e publicidade comunitaria establecidas nos artículos 8-9 Regulamento CE nº 1080/2006 do Parlamento Europeo e do Consello e concordantes, relativo ao Feder.

A Coruña, 20 de maio de 2015

P.D. (Resolución do 16.1.2012)
Juan M. Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña