Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 11 de xuño de 2015 Páx. 23072

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2015, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Organización de Productores de Pesca Fresca del Puerto de Vigo.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral se presentou certificación expedida polo secretario da organización, Agustín Santomé García, das actas das xuntas xerais extraordinarias, onde se reflicten os acordos acadados o 17 de xaneiro, 24 de febreiro e 10 de setembro de 2014 respectivamente, e que consisten na modificación de diversos artigos dos estatutos, entre eles o que afecta o ámbito territorial que, en virtude de dito cambio, pasa a ser autonómico.

– Ámbito profesional: armadores que cumpran as condicións fixadas nos presentes estatutos e se dediquen á actividade enunciada no segundo parágrafo do artigo 1 dos estatutos.

– Asinantes: Manuel González Fernández (presidente) e Agustín Santomé García (secretario).

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2015

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social