Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 11 de xuño de 2015 Páx. 23071

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación do artigo 1. Denominación e réxime legal dos estatutos sociais da entidade denominada Sociedade Cooperativa Galega de Ensino Rías-Altas Coruña.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, aprobado polo Decreto 430/2001, do 18 de decembro, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación do artigo 1 Denominación e réxime legal dos estatutos sociais da entidade anteriormente denominada Sociedade Cooperativa Galega de Ensino Rías-Altas Coruña, no Rexistro Provincial de Cooperativas da Coruña. A súa nova denominación é Colexio Rías Altas, Sociedade Cooperativa Galega.

A Coruña, 5 de maio de 2015

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña