Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 11 de xuño de 2015 Páx. 22764

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2015, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de telecomunicacións, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 99, do 26 de maio), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 3 de xuño de 2015, o tribunal nomeado pola Orde do 6 de marzo de 2015 (DOG núm. 51, do 16 de marzo) pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de telecomunicacións, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (DOG núm. 99, do 26 de maio), de conformidade co disposto na base II.2.1.

ACORDOU:

Primeiro. Á vista das reclamacións presentadas:

1º. Anular as preguntas número 8, 12, 66, 79 e 94 do primeiro exercicio e pasan a ocupar o seu posto as preguntas de reserva 121, 122 e 123.

2º. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións presentadas.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.2.1. da convocatoria, superaron o primeiro exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez puntos (10 puntos) e fíxase, unha vez feitas as deducións previstas na citada base da convocatoria, en 55 o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de telecomunicacións, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Rexistro Xeral e Atención á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Cuarto. De acordo co disposto na base II.3.7 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2015

Luis Castedo Ribas
Presidente do tribunal