Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 11 de xuño de 2015 Páx. 22763

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2015 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2015.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2015.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no primeiro cuadrimestre do ano 2015, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2015

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego da Vivenda
e Solo no primeiro cuadrimestre do ano 2015

Convenio

Importe achegado polo IGVS

Data sinatura

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e a Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Gancaria, S.A. para a cesión de vivenda destinada ao alugamento alcanzable.

356.250,00 €

17.3.2015

Convenio entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e a entidade financeira Abanca Corporación Bancaria, S.A. para o financiamento de vivendas de promoción pública.

Sen contido económico

16.4.2015

Convenio entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e a entidade financeira Abanca Corporación Bancaria, S.A. para o financiamento de vivendas protexidas de protección autonómica e actuacións de rehabilitación.

Sen contido económico

16.4.2015