Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 11 de xuño de 2015 Páx. 22761

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Consumo

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2015 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2015.

O artigo 11 de Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración autonómica galega (DOG nº 136, do 14 de xuño) establece que as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Único. Facer pública a relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Consumo no primeiro cuadrimestre do ano 2015.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2015

Sol María Vázquez Abeal
Presidenta do Instituto Galego de Consumo

ANEXO

Convenio

Importe

Data sinatura convenio

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Federación Galega de Asociacións de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios-Brétema para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, nas oficinas coas que conta na Comunidade Autónoma de Galicia

30.000 €

24 de marzo de 2015

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas de Aforro e Seguros de Galicia-Adicae-Galicia para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, nas oficinas coas que conta na Comunidade Autónoma de Galicia

25.000 €

13 de abril de 2015

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Federación Galega de Euroconsumo para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, nas oficinas coas que conta na Comunidade Autónoma de Galicia

30.000 €

24 de marzo de 2015

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Unión de Consumidores de Galicia-Ucgal para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, nas oficinas coas que conta na Comunidade Autónoma de Galicia

25.000 €

24 de marzo de 2015

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Asociación de Consumidores y Usuarios en Marcha-Conumar para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, na oficina coa que conta na localidade de Monforte de Lemos

15.000 €

9 de abril de 2015

Convenio marco entre o Instituto Galego de Consumo e a Universidade da Coruña, no terreo da investigación en materia de consumo

Sen asignación orzamentaria

24 de marzo de 2015 

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Universidade de Santiago de Compostela (Facultade de Dereito) no eido do dereito de consumo

30.000 €

1 de abril de 2015