Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 10 de xuño de 2015 Páx. 22678

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (7/2013-S).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 7/2013-S desta sala, seguido por instancia de Francisco Teira Ventoso contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Mar Alegre, Concha de San Sebastián sobre xubilación, se ditou a resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos que estimando o recurso de suplicación interposto polo demandante José Francisco Teira Ventoso, contra a sentenza do Xulgado do Social número 4 desta cidade, do 31 de maio de 2012, nos autos 1467/2009, sobre xubilación anticipada, seguidos por instancia do referido recorrente, fronte á entidade xestora demandada, así como contra as empresas Mar Alegre, S.L. e Concha de San Sebastián, declaramos que o demandante ten dereito á pensión de xubilación anticipada que solicita e que se deben computar para o seu cálculo os períodos fixados como traballados na presente resolución, anteriores ao 1 de agosto de 1970, e condenamos a entidade xestora demandada a estar e pasar por tal declaración, e a que lle aboe a correspondente prestación na contía, forma e cos aumentos e revalorizacións que regulamentariamente correspondan.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado perante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma ás empresas Mar Alegre e Concha de San Sebastián, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de maio de 2015

A secretaria xudicial