Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 10 de xuño de 2015 Páx. 22720

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2015, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o acordo de disolución da Asociación Gallega de Mejilloneros.

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei 19/1977, do 1 de abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical, faise público que nesta dirección xeral se recibiu certificación da asemblea xeral extraordinaria da Asociación Gallega de Mejilloneros, que tivo lugar o 30 de novembro de 2011, onde se reflicte o acordo de disolución da devandita asociación acadado segundo establece o artigo 26 dos seus estatutos.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2015

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social