Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 10 de xuño de 2015 Páx. 22721

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria Produtos de Galicia: a calidade como valor de referencia para a promoción, sensibilización, comercialización e venda de produtos de alimentación (expediente 16/2015).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria Produtos de Galicia: a calidade como valor de referencia para a promoción, sensibilización, comercialización e venda de produtos de alimentación.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21773.

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 30 de decembro de 2014; BOE do 9 de xaneiro de 2015 e DOG núm. 5, do 9 de xaneiro de 2015.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e anticipada de gasto; aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 694.606,92 €; IVE (21 %): 145.867,45 €. Importe total: 840.474,37 €.

Valor estimado: 1.389.213,84 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución de adxudicación: 7 de abril de 2015.

b) Adxudicataria: J&J Publicidad y Comunicación, S.L.

c) Importe: 677.665,29 € (sen IVE). IVE 21 %: 142.309,71 €.

Importe total: 819.975,00 €.

d) Data de formalización do contrato: 20 de maio de 2015.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: obtivo a puntuación máis alta na oferta técnica e resultou ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2015

Mª Isabel Concheiro Rodríguez Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar