Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 10 de xuño de 2015 Páx. 22717

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de limpeza nas casas do mar de Burela e Celeiro (expediente 44/2015).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial de Lugo.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Xefatura Territorial de Lugo.

2º. Enderezo: rolda Muralla, 70, baixo, 27071 Lugo.

3º. Teléfono: 982 29 41 01; fax: 982 29 49 74.

4º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.contratosdegalicia.es

5º. Data límite da obtención da documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas.

d) Número de expediente: 44/2015.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contratación do servizo de limpeza nas casas do mar de Burela e Celeiro.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución:

Casa do Mar de Burela; rúa Rosalía de Castro, s/n, 27880, Burela.

Casa do Mar de Celeiro; avenida Ramón Canosa, s/n, 27863, Celeiro.

e) Prazo de execución: un ano desde a súa formalización.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 90911200-8.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación ordinaria e procedemento aberto.

b) Criterios de adxudicación: véxase o prego.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: trinta e sete mil cento noventa euros con oito céntimos (37.190,08 €).

IVE (21 %): sete mil oitocentos nove euros con noventa e dous céntimos (7.809,92 €).

Importe total: corenta e cinco mil euros (45.000,00 €).

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: véxase o prego de cláusulas administrativas.

7. Presentación de ofertas e de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: as ofertas pódense presentar en man ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

c) Lugar: Rexistro Xeral do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Lugo; rolda da Muralla, 70, baixo, 27071 Lugo.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Xefatura Territorial de Lugo, na hora e data que serán anunciadas con tres días hábiles de antelación no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/

9. Gastos de publicidade: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Lugo, 14 de maio de 2015

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo