Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 9 de xuño de 2015 Páx. 22415

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 97/2015).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 97/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Carmen Noya Raño contra o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Servanza, S.L., sobre despedimento, se ditaron as seguintes resolucións:

Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, dezaoito de maio de dous mil quince.

Antecedentes de feito.

Único. María Carmen Noya Raño presentou escrito en que solicitaba a execución da Sentenza número 41/2015, do 13 de febreiro, ditada por este órgano xudicial no procedemento DSP 264/2014 fronte ao Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Servanza, S.L.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Este Xulgado do Social número 1 examinou a súa xurisdición, competencia obxectiva e territorial, e entende que na demanda de execución de título xudicial concorren os presupostos e requisitos procesuais exixidos pola lei, e esta deberá despacharse de conformidade co disposto no artigo 237 da LXS e concordantes.

Segundo. De conformidade co mencionado título que se executa e a solicitude de execución presentada, a cantidade pola cal se despacha execución é de 3.808,47 euros en concepto de principal (indemnización) e de 380,85 euros en concepto provisional de xuros de demora e custas calculadas segundo o criterio do 251.1 LXS, polo que non excede, para os primeiros, o importe dos que se devindicarían durante un ano e, para as custas, do 10 por 100 da cantidade obxecto de constrinximento en concepto de principal.

Terceiro. Dispón o artigo 251.2 da LXS que, sen prexuízo do disposto no artigo 576 da LAC, subsidiariamente aplicable, transcorridos tres meses desde o despacho da execución sen que o executado cumprise na súa integridade a obriga, se se apreciar falta de dilixencia no cumprimento da executoria, se tiver incumprido a obriga de manifestar bens ou se tiveren ocultado elementos patrimoniais transcendentes na dita manifestación, poderá incrementarse o xuro legal que se deberá aboar en dous puntos.

Cuarto. Se a parte executada cumprise na súa integridade a obriga exixida contida no título, incluído no caso de execución pecuniaria o aboamento dos xuros procesuais, se procedesen, dentro do prazo dos vinte días seguintes á data de firmeza da sentenza ou resolución xudicial executable ou desde que o título quedase constituído ou, se é o caso, desde que a obriga declarada no título executivo fose exixible, non se lle imporán as custas da execución que se tivese instado, en aplicación do prevido no artigo 239.3 da LXS.

Quinto. En virtude do disposto no artigo 551.3 da LAC, unha vez que a maxistrada dite o auto, a secretaria xudicial responsable da execución, no mesmo día ou no día seguinte hábil, ditará decreto cos contidos previstos no citado precepto.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución de título xudicial a favor da parte executante, María Carmen Noya Raño, fronte ao Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Servanza, S.L., parte executada, por importe de 3.808,47 euros en concepto de principal (indemnización), máis outros 380,85 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará a secretaria xudicial, e copia da demanda executiva serán notificados simultaneamente á parte executada a través da publicación por edictos no DOG, tendo en conta que a executada se encontra en ignorado paradoiro, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, e queda a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interporse recurso de reposición, que se interporá ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á constitución do título, a non ser a compensación de débedas admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste xulgado do social número 1 aberta no Banco Santander, S.A., conta número 0049 3569 9200 0500 1274, e deberá indicar no campo concepto «Recurso», seguida do código «30 Social-reposición». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o «código 30 Social-reposición». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A maxistrada xuíza A secretaria xudicial

Decreto.

Secretaria xudicial: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, dezaoito de maio de dous mil quince.

Antecedentes de feito

Primeiro. María Carmen Noya Raño presentou demanda de execución de sentenza fronte ao Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Servanza, S.L.

Segundo. En data 18 de maio de 2015 este órgano xudicial ditou auto que despachaba orde xeral de execución pola cantidade de 3.808,47 euros en concepto de principal (indemnización), máis outros 380,85 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Terceiro. Consta nas actuacións a declaración previa de insolvencia da parte aquí executada Servanza, S.L., realizada por auto de data 18 de xuño de 2010, ditado por este órgano xudicial no procedemento EXE 86/2010.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Dispón o artigo 239.4 da LXS que o órgano xurisdicional despachará execución sempre que concorran os presupostos e requisitos procesuais, o título executivo non posúa ningunha irregularidade formal e os actos de execución que se solicitan sexan conformes coa natureza e contido do título.

Segundo. A orde xeral de execución, cuxo contido vén determinado no artigo 551 da LAC, subsidiariamente aplicable na xurisdición social, ditouse por auto desta data, e será procedente, por imperativo do número 3 do mesmo artigo, ditar o presente decreto e sinalar as medidas executivas, de localización e requirimento de pagamento, se é o caso.

Terceiro. Dispón o artigo 276.3 da LXS que, declarada xudicialmente a insolvencia dunha empresa, iso será base suficiente para estimar a súa pervivencia noutras execucións, e poderá ditarse o decreto de insolvencia sen necesidade de reiterar as indagacións de bens do artigo 250 desta lei; darase audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalen a existencia de novos bens, de ser o caso. Por iso e vista a insolvencia xa ditada contra a executada, adóptase a seguinte resolución.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Servanza, S.L., dar audiencia previa á parte demandante María Carmen Noya Raño e ao Fondo de Garantía Salarial, por termo de 15 días para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interporse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta número 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A., e deberá indicar no campo concepto «recurso», seguida do código «31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación «recurso», seguida do «31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a Servanza, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2015

A secretaria xudicial