Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 9 de xuño de 2015 Páx. 22283

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 22 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases e se convocan as axudas para a realización, polas asociacións de nais e pais do alumnado, nos centros educativos de Galicia sostidos con fondos públicos, de programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 12 da Resolución do 22 de decembro de 2014, pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a realización, polas asociacións de nais e pais do alumnado, nos centros educativos de Galicia sostidos con fondos públicos, de programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), e se procede á súa convocatoria para o curso escolar 2014/15 (Diario Oficial de Galicia núm. 7, do 13 de xaneiro de 2015), procédese á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da citada resolución.

No caso de axudas cofinanciadas por fondos comunitarios, as persoas beneficiarias están suxeitas ás normas de información e publicidade conforme o previsto no artigo 7.2º.d) do Regulamento (CE) 1828/2006, da Comisión, do 8 de decembro, que fixa as normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) 1083/2006, do Consello, do 11 de xullo, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Fondo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión.

Finalidade da axuda: favorecer e impulsar a conciliación do traballo e da vida familiar de mulleres e homes mediante axudas destinadas á realización polas asociacións de nais e pais do alumnado de programas de actividades complementarias e extraescolares.

Norma reguladora: Resolución do 22 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a realización, polas asociacións de nais e pais do alumnado, nos centros educativos de Galicia sostidos con fondos públicos, de programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), e se procede á súa convocatoria para o curso escolar 2014/15.

Crédito orzamentario: a contía das axudas é 27.838,12 euros, que se imputan á aplicación orzamentaria 05.11.312G.481.0 do orzamento vixente deste departamento e que cofinancia, ao 80 %, o Fondo Social Europeo a través do programa operativo de Galicia 2007-2013, eixe 2, tema prioritario 69.

Entidades beneficiarias da subvención e importe concedido a cada unha delas: ver anexo.

Lugo, 20 de maio de 2015

José Manuel Rozas Bello
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Subvencións concedidas:

Crédito asignado: 27.838,12 euros

CIF

Entidade

Importe

G27030154

ANPA CEIP Vista Alegre

5.016,00 €

G27043033

ANPA do CEIP Illa Verde

4.702,00 €

G27120112

ANPA Escolapios de Monforte

5.400,00 €

G27019256

ANPA Sagrado Corazón

2.793,50 €

G27219674

APA Laverde Ruíz

3.019,00 €

G27011642

ANPA A Faxarda

1.186,36 €

G27019058

ANPA CEIP Antonio Pedrosa Latas

1.472,57 €

G27184027

ANPA CEIP Virxen do Monte

994,38 €

G27317643

ANPA CEIP Triacastela

2.226,00 €

G27371129

ANPA CEIP Veleiro Docampo

1.028,31 €