Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 9 de xuño de 2015 Páx. 22285

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 22 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral de Igualdade, pola que se establecen as bases e se convocan axudas para a realización, polas asociacións de nais e pais do alumnado, nos centros educativos de Galicia sostidos con fondos públicos, de programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 22 da Resolución do 22 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases e se convocan axudas para a realización, polas asociacións de nais e pais do alumnado, nos centros educativos de Galicia sostidos con fondos públicos, de programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, cofinanciadas polo Fondo Social Euriopeo (FSE), e se procede á súa convocatoria para o curso escolar 2014/15 (Diario Oficial de Galicia núm. 7, do 13 de xaneiro de 2015), procédese á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da citada resolución.

Finalidade da axuda: favorecer e impulsar a conciliación do traballo e da vida familiar de mulleres e homes mediante axudas destinadas á realización polas asociacións de nais e pais do alumnado de programas de actividades complementarias e extraescolares.

Norma reguladora: Resolución do 22 de decembro pola que se establecen as bases e se convocan axudas para a realización, polas asociacións de nais e pais do alumnado, nos centros educativos de Galicia sostidos con fondos públicos, de programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.

Crédito orzamentario: 79.081,63 euros.

Partida orzamentaria: 05.11.312G.481.0.

Cofinanciada ao 80 % con fondos FSE no programa operativo de Galicia 2007/2013, eixe 2, tema prioritario 69.

Entidades beneficiarias da subvención e importe concedido a cada unha delas: ver anexo.

A Coruña, 20 de maio de 2015

María Barreiro Lázare
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Subvencións concedidas:

Crédito asignado: 69.169,85 €

DNI/CIF

Solicitante

Concedido

G15200587

ANPA A Jorge. CEIP Jorge Juan-Perlío

3.000,00

G15314123

APA do CEIP O Ramo

2.784,60

G15436090

ANPA Fontela do CEIP As Fontiñas

5.997,96

G15059470

ANPA CEIP Roxos

6.000,00

G15516768

APA A Xuntanza do CPI Arcediago

5.598,60

G15134661

ANPA Colexio La Salle de Santiago

6.000,00

G15650815

ANPA Sarela-CEIP Raíña Fabiola

4.292,56

G15790991

ANPA CEIP Lamas de Abade

5.906,99

G15554173

ANPA Burgo das Nacións CEIP Vite

5.285,68

G15069057

ANPA do CEIP Valle-Inclán

6.000,00

G15747678

AMICOS da Barbanza

5.642,24

G15330467

ANPA Trastambre

2.497,91

G70313804

ANPA Cee María Mariño

4.865,60

G15585631

APA Espertar CEIP Melide nº 1

1.600,22

G15370273

ANPA CPI Castro Baxoi. Miño

505,66

G15138027

APA Colexio Público de Abanqueiro

335,13

V15131378

Raiante APA Gándara Sofán

1.769,15

G70299524

Asociación de Nais e Pais Celso Emilio Ferreiro

1.087,55