De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 23.2 da Resolución do 22 de decembro de 2014, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para a realización, polas asociacións de nais e pais do alumnado, nos centros educativos de Galicia sustentados con fondos públicos, de programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) (Diario Oficial de Galicia núm. 7, do 13 de xaneiro de 2015), procédese á publicación das subvencións que se concederon por esta xefatura territorial con base na citada Resolución do 22 de decembro de 2014.
Finalidade da axuda: impulsar a conciliación do traballo e da vida familiar de mulleres e homes adoptando medidas que a favorezan, polo que se considera oportuno realizar unha convocatoria de axudas destinadas á realización, polas asociacións de nais e pais do alumnado, de programas de actividades complementarias e extraescolares nos centros educativos de Galicia sustentados con fondos públicos, que teñan como fin facilitar a conciliación da vida familiar e laboral. As axudas desta convocatoria financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 05.11.312G.481.0, por un importe máximo de douscentos cincoenta mil euros (250.000 euros), estando cofinanciadas ao 80 % con fondos FSE no programa operativo de Galicia 2007-2013, eixe 2, tema prioritario 69.
Norma reguladora: Resolución do 22 de decembro de 2014 pola que se regulan as bases e se convocan axudas para a realización, polas asociacións de nais e pais do alumnado, nos centros educativos de Galicia sustentados con fondos públicos, de programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.
Crédito orzamentario: 33.163,27 euros.
Partida orzamentaria: 05.11.312G.481.0 código proxecto 2015 00141.
Entidades beneficiarias da subvención e importe concedido a cada unha delas: ver o anexo.
Ourense, 20 de maio de 2015
Marisol Díaz Mouteira
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Crédito asignado: 33.163,27 euros.
Axudas concedidas:
CIF |
Entidade |
Importe |
G32030918 |
ANPA Colexio Salesiano-Mª Auxiliadora (Ourense) |
6.000,00 € |
G32013187 |
ANPA do Colexio Pablo VI, da Rúa (Ourense) |
4.800,00 € |
G32247157 |
ANPA do CEIP de Mariñamansa (Ourense) |
4.500,00 € |
G32173312 |
ANPA Ben Cho Shey, do C.P. do Pereiro de Aguiar (Ourense) |
6.000,00 € |
G32011314 |
ANPA do CEIP de O Couto (Ourense) |
3.820,82 € |
G32350605 |
ANPA do CEIP de Luintra. Nogueira de Ramuín (Ourense) |
1.235,00 € |
G32138299 |
ANPA do CEIP Irmáns Villar (Ourense) |
3.750,00 € |
G32118036 |
ANPA A Galocha. do C.P. da Veiga (Ourense) |
3.057,45 € |
Importe total subvencións 2015 |
33.163,27 € |