Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 9 de xuño de 2015 Páx. 22280

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 22 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para a realización, polas asociacións de nais e pais do alumnado, nos centros educativos de Galicia sostidos con fondos públicos, de programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.

De conformidade co disposto no artigo 15.1º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 22 da Resolución do 22 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para a realización polas asociacións de nais e pais do alumnado, nos centros educativos de Galicia sostidos con fondos públicos, de programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), e se procede á súa convocatoria para o curso escolar 2014/15 (Diario Oficial de Galicia núm.7, do 13 de xaneiro de 2015), procédese á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da citada Resolución do 22 de decembro de 2014.

No caso de axudas cofinanciadas por fondos comunitarios, as persoas beneficiarias están suxeitas ás normas de información e publicidade conforme o previsto no artigo 7.2º d) do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro, que fixa as normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) 1083/2006 do Consello, do 11 de xullo, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Fondo de Desenvolvemento Rexional ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión.

Finalidade da axuda: favorecer e impulsar a conciliación do traballo e da vida familiar de mulleres e homes mediante axudas destinadas á realización polas asociacións de nais e pais do alumnado de programas de actividades complementarias e extraescolares.

Norma reguladora: Resolución do 22 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para a realización polas asociacións de nais e pais do alumnado, nos centros educativos de Galicia sostidos con fondos públicos, de programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), e se procede á súa convocatoria para o curso escolar 2014/15.

Crédito orzamentario: a contía das axudas é de 107.142,86 euros, que se imputan á aplicación orzamentaria 05.11.312G.481.0 do orzamento vixente deste departamento e que cofinancia, ao 80 %, o Fondo Social Europeo a través do Programa operativo de Galicia 2007-2013, eixe 2, tema prioritario 69.

Entidades beneficiarias da subvención e importe concedido a cada unha delas: ver anexo.

Pontevedra, 30 de abril de 2015

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Subvencións concedidas

Crédito asignado: 107.142,86 euros

CIF

Entidade

Importe

G36733871

ANPA La Arcadia - CEIP Lope de Vega

6.000,00

G36739258

ANPA CEIP Pintor Laxeiro La Florida

6.000,00

G36132124

ANPA Xoaquín Costa - CEIP Álvarez Limeses

6.000,00

G36128973

ANPA Terazán - CEIP Nazaret

4.970,23

G36174753

ANPA do CEIP de Petelos

5.564,32

G36014611

ANPA Pena de Francia

6.000,00

G36729770

ANPA O Pombal

6.000,00

G36620284

ANPA A Paz Tintureira

5.960,00

G36714723

ANPA Magnolia - EEI Vilalaura

4.722,00

G36174837

ANPA CEIP Mestre Valverde Mayo - Sanguiñeda

6.000,00

G36629301

ANPA Bellavista - Colexio Apóstol Santiago

3.102,90

G36119659

ANPA Cela e Pereiras - CEIP Atín-Cela

5.727,87

G36618742

ANPA Lameira - CEIP Josefa A. Alonso

4.973,54

G36022895

ANPA As Lombas - CEIP Progreso

6.000,00

G36181337

ANPA Agro de Abaixo - CEIP Xesús Golmar

6.000,00

G36587137

ANPA do CEIP Crecente

2.444,00

G36732758

ANPA Emilia Pardo Bazán - CEIP O Chouzo

2.995,95

G36056448

ANPA O Cruceiro de Vilalonga

5.758,58

G36621704

ANPA do CEIP A Dobrada

3.717,80

G36151173

Asociación O Castro de nais e pais de alumnos

3.958,59

G36658342

ANPA Lembranza - CEIP Mallón

1.521,90

G36102382

ANPA A Rúa

1.695,11

G36152262

APA do Centro de Educación Especial Santísimo Cristo del Amor

2.030,07