Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 8 de xuño de 2015 Páx. 22257

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2015 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria e publicación urxente, para a contratación dun servizo (expediente 320/15).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

• Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

• Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais Campus As Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo, 36310.

• Teléfono: 986 81 35 51.

• Telefax: 986 81 38 57.

• Correo electrónico: xscont@uvigo.es

• Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp idm_abr=ga

• Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 320/15.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: deseño, desenvolvemento e supervisión dunha plataforma de demostración en tempo real dun enlace unidireccional dun sistema de transmisión e recepción multiantena que opere en bandas milimétricas, con largo de banda de, polo menos, 1 GHz y VER inferior a 10-11, incluíndo todas as funcionalidades necesarias (modulación, sincronización, codificación/decodificación de canle, precodificación e combinación, etc.).

c) Lugar de execución/entrega: por defecto o servizo executarase nas instalacións de contrata. A entrega efectuarase nas instalacións do Centro de Investigación AtlantTIC localizadas no Campus Universitario da Universidade de Vigo (Campus Universitario As Lagoas-Marcosende).

d) Prazo de execución: tres meses.

e) Admisión de prórroga: non.

f) C.P.V.: 32573000-Sistema de control de comunicacións.

g) C.P.A.: outros servizos de investigación e desenvolvemento experimental en enxeñaría e tecnoloxía, excepto biotecnoloxía.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os indicados no número 16 da folla de resumo de características.

• Oferta económica (criterio automático): 50 puntos.

• Memoria do proxecto: calidade técnica da proposta presentada (xuízo de valor): 40 puntos.

• Ampliación do número de minutos quincenais dispoñibles para asistir ás reunións de desenvolvemento entre o responsable do proxecto e o responsable do contrato (mínimo de 120 minutos quincenais nas instalacións do centro). Criterio automático: 10 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 190.000 €.

5. Importe de licitación: 190.000 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

c) Complementaria: non se exixe.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económico-financeira e solvencia técnica e profesional: a que se indica, respectivamente, nos números 11 e 12 da folla resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no número 13 da folla resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ata as 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: papel, tres sobres: A, B e C.

c) Lugar de presentación:

• Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

• Enderezo: Edificio de Xerencia Servizos Centrais-baixo. Praza de Erasmo, s/n, Campus As Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo, 36310.

• Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para os sobres B e C na sala de xuntas de Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: Edificio de Xerencia e Servizos Centrais-2º andar. Praza de Erasmo, s/n, Campus As Lagoas-Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Aproximadamente 2.000 €.

11. Outra información: proxecto Tactica. Fondo Tecnolóxico. Innovación e competitividade por e para as empresas. Programación estrutural Feder (80 %) para a Comunidade Autónoma de Galicia 2007-2013. Ministerio de Economía e Competitividade (Mineco). Dirección Xeral de Innovación e Competitividade Empresarial.

Vigo, 2 de xuño de 2015

Por delegación (Resolución do 7.5.2014; DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo