Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 8 de xuño de 2015 Páx. 22261

VI. Anuncios

b) Administración local

Instituto Municipal dos Deportes de Vigo

ANUNCIO de licitación, polo procedemento aberto, para a contratación da subministración de combustible de gasóleo C para as instalacións de calefacción e auga quente das diversas instalacións dependentes deste instituto (expediente 3465/11).

1. Entidade adxudicadora: organismo: Instituto Municipal dos Deportes de Vigo.

2. Obxecto do contrato:

Descrición: subministración de combustible (gasóleo C) para as instalacións dependentes do Instituto Municipal dos Deportes.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo: dous (2) anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

3. Orzamento:

Prezo total do contrato, dous (2) anos: 165.000,00 euros, con IVA. O IVA é: 28.636,36 euros.

5. Garantía provisional: non.

6. Obtención de documentación e información: Rexistro Xeral do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo, avenida Castrelos, 1, 36210 Vigo; teléfono 986 23 74 58, fax 986 23 64 88.

Páxina web do Concello de Vigo: www.vigo.org

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: non.

8. Presentación de ofertas:

Prazo: ata quince (15) días seguintes desde o día da súa última publicación no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra ou Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas e números 6 e 7 da folla de especificacións do contrato.

Lugar de presentación: véxase o punto 6 do anuncio.

9. Apertura de ofertas:

Entidade: a Mesa de Contratación do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo. Cláusula 19 do prego de cláusulas administrativas.

10. Gastos de anuncios: pagaraos o adxudicatario ata un importe máximo de 1.000,00 euros; número 5.A da folla de especificacións do contrato.

Vigo, 14 de maio de 2015

José Manuel Fernández Pérez
Presidente do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo