Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 8 de xuño de 2015 Páx. 22255

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2015 pola que se fai pública a formalización da contratación, suxeita a regulación harmonizada, do servizo da organización do I Encontro mundial en Galicia de asociacións de amigos do Camiño de Santiago, licitado polo procedemento aberto, con pluralidade de criterios e mediante tramitación anticipada.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia de Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 8 de xaneiro de 2015.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo da organización do I Encontro mundial en Galicia de asociacións de amigos do Camiño de Santiago.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación: 278.443,80 euros, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 27 de abril de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 21 de maio de 2015.

c) Adxudicatario: Ana Trevisani, S.L.

d) Importe de adxudicación: 262.823,51 euros, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2015

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia