Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 8 de xuño de 2015 Páx. 22223

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1246/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 1246/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Francisco Arias Buján contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Sentenza 268/2015

Nº autos: 1246/2012

A Coruña, 18 de maio de 2015.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos os presentes autos sobre ordinario, en que foron parte, dun lado como demandante, José Francisco Arias Buján, asistido polo letrado Antonio Pousa Meréns, e doutra, como demandado a empresa Esabe Vigilancia, S.A. e Fogasa, que non comparecen malia estaren citados en legal forma.

Resolvo.

Que, estimando a demanda interposta polo demandante Francisco José Arias Buján, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Esabe Vigilancia, S.A. a que aboe ao demandante a cantidade de 1.541,34 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que no día de hoxe o maxistrado xuíz deposita na secretaria deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e polas leis. Mesma data que a sentenza. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de maio de 2015

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial